Deportado.

Noutros tempos, o socialismo confinaba ós seus díscolos en Siberia ou outras rexións inhóspitas.
Neste extraño día, en que se produce unha de esas deportacións a un destino bastante diferente, dubido se pensar “Dio lor da i eles se xuntan” ou facer miñas (sin que sirva de precedente) as palabras de Aymerich, algo así como “mándano ó unico estado do mundo que xa non ten solares para recalificar e edificar”.
Pero, aínda que non sepamos si para mellor ou para peor, a vida sempre sigue, e sigo eu cos meus barrenes e coas miñas cousas que apuntar…

O que deu de si unha fregona.

Non foi por que hubera unha fregona nova na casa, que eu a collín para lle dar o seu noble uso; non son tan cínico como para dicir que me gustan as tarefas do fogar, pero a que menos me disgusta é a de limpa-lo chan. O que sí provocou tal novidade, foi á miña curiosidade, e a un dos meus vicios confesos (o primeiro, para ser exactos). Por iso me din conta de que o artigo estaba mal etiquetado; con unha observación perspicazmente analítica, e a pesares do que diga a pegatina, confirmei que de pau non ten nada. Parecía unha cuestión semántica, pero, como picar e rascar todo é empezar, púxenme a darlle voltas ó asunto.

"Palo"

Para elaborar este mango de ferro, hubo que fundi-lo metal, pasa-lo lingote por un tren de laminación hasta o convertir nunha chapa de unhas décimas de milímetro, vira-la chapa hata xuntarlle os dous cantos para facer un tubo, soldar eses cantos, revesti-lo tubo de plástico, serrar as pezas, inxectar en plástico os apliques dos extremos e ensamblar o conxunto.
Se efectivamente fose un pau, no peor dos casos, habería que corta-la árbore, aserrala en barrotes e tornealos para lle dar forma.
¿Por qué apunto este rollo? Porque, só os dous primeiros pasos da elaboración do mango metálico, consumen máis enerxía que toda a fabricación dun de pau. ¿Fai falla que apunte algo sobre problemas enerxéticos? Pois apuntarase, de seguro. Pero sigamos co fregado.
Por outra parte, Galicia non produce ferro nin petróleo (do que se obteñen os elementos plásticos), pero sí é unha grande productora de madeira, unha materia prima ecolóxica, e máis que sería si os montes estivesen correctamente xestionados. Así xa temos dous a cero a favor do mango de pau.
Por comparar máis cousas, pensei nas razóns económicas, probando primero no Froiz e mais no Consum. Inxenuo de min. Un só tiña mangos metálicos e no outro non os había de madeira. Preguntei no comercio tradicional con máis exito, nunha tendiña xa histórica de Redondela (onde se compran os prebes para o pan ou o pimento para o chourizo) saían a un euro dez, mentres na miña ferretería de cabeceira, a sesentaecinco céntimos. Son precios moi similares a algúns dos que hai nos super, pero alí chegan a un oitenta. Ousexa que, empatados no peso, e pendientes de un ensaio que determine si se pudre antes a madeira ou se oxida primeiro o ferro, a única ventaxa que ofrecen os mangos metálicos, pode estar en seren unha cuarta máis longos.
Supoño que non todo o mundo ten unha formación, nin unhas inquietudes que lle leven a facer este tipo de análisis. Tamén son consciente de que todos temos demasiada presa para facer como o meu avó, que nos ratos libres, se sentaba diante das cortes e, a cepillo, ía facendo os mangos que se precisaban, sin plantexarse nunca si aquilo era ecoloxíco ou sostible. Pero centrémonos un puco; non se vai salvar o mundo (nin Galicia) por usar exclusivamente mangos de pau. O que sí pode, e coido que debe ocorrer, é que reflexionando un pouco máis aquilo que está ó alcance da nosa man, e usando esa liberdade para escoller tan apelada na publicidade, nos orientemos a un futuro que nos hipoteque un pouquiño menos coa natureza. Ademáis, corre a noso favor o privilexio de vivir nunha terra rica en recursos sostibles coma a madeira e en tradicións, coma a ebanistería, por non abandona-lo tema, que noutro tempo fixeron do aproveitamento deses recursos unha forma de vida colectiva.
Apunta o autor que, si algúen lle demostrase que fregar un retrete con un mango de madeira ten menos glamour que usar unha fregona de aluminio, se retractaría inmediatamente do que aquí se expuxo. Pero a falta de tal cousa invita, a quen isto lera, a reflexionar sobre a súas responsabilidades coa natureza, e como saírmos beneficiado elas.