Suevos.

Estaba apuntado que este sábado volvería madrugar. Sabíao porque tocaba facer algo que fago de vez en cando e que, por estar dentro da gama de cuestións para as que abrin este blog, contaba con apuntalo na espectativa de ir completando o retrato das miñas inquedanzas aquí mostrado. Vai quedar para outro día, conto que de esta semana, porque hoxe prefiro non esquecer que, atendidos os meus negocios, volvía eu cara á casa (na Coruña, non en Redondela) e decidín apartarme un pouco da estrada para retratar, quen sabe si para apuntalo algún dia, o que eu considero un dos lugares máis feos que coñezo en Galicia. Por sorte, perdinme e fun a dar con unha fábrica pegada ó mar que tamén lle chega de fea, así que me dirixin a unha cota elevada que esta enfrente para a apuntar na cámara. No camiño, atopei un cercado que me provocou unha intuición tétrica.

CostaArtabra

Hai un par de anos, volvía eu á casa (en Redondela) a golpe de sábado noite-tirando a domingo pola mañán e, nunha curva, había un saco tirado no chan. Indiferente, ía pasarlle por enriba co coche cando me resultou extraño o feito de que un saco tivese zapatos. Tratábase dun fulano que decidira botar unha cabezadiña tapado cun chuvasqueiro diante do portal da súa casa, no medio da estrada. O meu temor de que o tiveran atropelado aliviouse cando o din levantado e, nun manifesto estado de intoxicación etílica (como mínimo) aquel pobre diaño só dicía “Que hijos de puta. Que hijos de puta…”
Hoxe lembreime moito de este tipo, durante a hora que pasei a observar as flamantes obras do Porto Exterior da Coruña. Xa tiña oido maravillas do invento, pero hai que velo para crelo. Hai que despedirse de kilómetros de paisaxe e natureza, que quedará escarallada para que A Coruña recupere o liderado económico que debe ter. A mesma película que conta a Autoridade Portuaria de Vigo para xustificar os seus plans para aterra-la Ria.
Apunto eu, tratando de calar os improperios que se me ocurren, que este non é como o caso de Monteferro, no que a autoridade local connive con algún espabilado, que encherá os petos de venderlle chalés a catro pailáns pouco interesados no que vale unha paraxe si non poden ter propiedade en ela. O P.E. da Coruña, igual que os plans da A.P. de Vigo, dos que máis cousas serán apuntadas no futuro, constitúen unha neglixencia explícita da política galega. Digo neglixencia porque para falar de mala fe teríamos que tirar do formigón, e dicir que o verdadeiro interese de estas obras está no inxente orzamento que recibirán as constructoras adxudicatarias e nas estratexias inmobiliarias, tanto de chan industrial como residencial. De mala fe, xa se apuntarán cousas, pero nunha época na que o futuro das reservas de petroleo xa non é un debate ecolóxista, senón a preocupación de moitos analistas que poñen en cuestión a sustentabilidade da actividade industrial e comercial no plazo de unhas décadas, e tendo en conta que a deslocalización da producción e a globalización xa son unha realidade de decancia das aspiracións industriais galegas, as inversións como a do P.E. poden chegar a non ser amortizadas xamáis. Ó mellor, hai a quen iso non lle importa, claro, porque para entón serán nomes reflexados nunha placa inaugural, e os que non teñan ocasión de coñecer estas paraxes como foran durante séculos, non lles doerá que eses nomes lles impidisen gozar de elas. Neglixencia que dous poderes municipais, da misma terra, teñan entre mans plans para escaralla-los seus respectivos entornos con fins redundantes entre si e rivais entre si, o que resulta peor, por manifestar un minifunduismo mental e cultural endémico na política galega. Neglixencia, xa postos, que a Xunta non poña arbitraxe na cuestión e optimice os desastres amibientais, producidos por estas pugnas de intereses, facendo unha política industrial e de infrarestructuras única para toda Galicia, no canto de tratar de ter contentos alcaldes localistas, intereses asociados a eles, ou a aqueles que escriben panfletos dándolle a razón.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/02/04/suevos/trackback/

  1. E non esqueza o Porto Exterior de Ferrol, a tiro de pedra do da Coruña…

    Comment by mourullo — February 5, 2006 @ 6:55 pm

  2. Efectivamente, Sr. Mourullo, esquecíao e ten vostede toda a razón.

    Comment by F. Miguez — February 6, 2006 @ 5:38 pm

  3. É francamente desastroso o que se está a fazer em Galiza com todas as infraestruturas, já sejam as sociais, como as de comunicaçom, como as desportivas, as culturais…uns rivalizam com outros, mas de visom de país, nadinha de nada. Separatistas…hahaha…eu penso que o Porto Exterior da Corunha é umha obra inútil, e, se me apuram, o de Ferrol também. Nas enfim, já o veremos quando surjam os primeiros problemas técnicos…

    Comment by tangaranho — February 6, 2006 @ 7:28 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.