Flashback.

Apuntara un par de dias de silencio blogofónico, preveendo que durante esta fin de semana na Coruña non tería muita ocasión para viciar de blog. Como me atopei con un par de horas aboiando, métome nun ciber a apuntar un par de feitos recentes que non quero esquecer, rodeado de adolescentes que disfrutan de unha soleada tarde de sábado ametrallándose nun xogo en rede.

O primeiro que apunto é a experiencia de onte. Aproveitando a viaxe, ordenei de facer unha xestión en Coristanco, para a que tiña que chegar antes das oito da tarde. Saíndo de Redondela xa pasadas as cinco e media, o meu itinerario era colle-la a AP-9 ate Santiago, dende alí ir por unha comarcal (cuia denominación ignoro) a Santa Comba, e de alí ó meu destino.
Como non disfruto perdéndome cando teño un horario previsto, preguntei na peaxe, dixéronme que saíra en Santiago Norte, e iso fixen. Non agardaba un camiño de baldosas amarelas, co típico sinal en forma de frecha teríame bastado, pero de iso nada. A impresión que recollín foi a de que Compostela está sinalizado solo para turistas, indicando onde están tódolos monumentos e hoteis, en castelán polo menos en moitos casos, pero ningunha pista para saír hacia os concellos ó noroeste da capital.
Así estiven un cuarto de hora mergullado en cinturóns urbanos, accesos a grandes superficies comerciales e atascos que me reviviron o principio da semana e, supoño que molesto pola contrariedade do retraso que estaba a acumular, pregunteime máis de unha vez qué careto tería o tipo que, (supoño) coa milonga de a modernizar, está a madrilizar a miña terra.
Usando parte intuición, parte paciencia e parte habilidades adquiridas en outros tempos, acabei dando con un sinalcicho no fondo do barrio de Vite, que me confirmou no bo camiño. Apunto que no Val do Dubra pasei por Portomouro, unha vila que levaba tempo suscitando a miña curiosidade; apuntando tamén que cheguei a Coristanco ás oito menos cinco, queda explicado por qué motivo será outra, a ocasión na que me deterei a visitala.
Co traballo feito, tirei con calma cara á Coruña. Os atascos e caravanas ó longo de toda a AC-552 fixeronme retomar a cuestión do “modernizador descoñecido” e chego á conclusión: unha de dúas, ou non hai verdadeiramente ninguén a organizar Galicia, ou quen se estea encargando do choio, non a coñece en absoluto.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/02/04/flashback/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.