Unha chea que apuntar.

En ves de me recuperar da tunda de tres días en furgalla, esta noite anduven ata ben tarde pola parroquia, a mirar como estaban as leiras dos veciños, e vexo que fixeron unhas sementeiras do mellorciño. Con un par de dias de silencio blogueiro por diante, apunto a bulto algunhas de elas.
Empezo por este artigo que topei lincado na de Oiaweb. Unha breve exposición da alternativa do satélite á banda ancha por cable, en ubicacións pouco servidas, que debería ser máis tida en conta por administracións e, sobre todo, usuarios. Si ben o precio é considerable para un particular, tal e como existen as comunidades de montes e de augas, as asociacións de veciños ou as cooperativas agrícolas, os interesados poderían pensar en constituir comunidades ou cooperativas de banda ancha vía satélite, con unha antena e un servidor común para toda a parroquia, casal ou barrio; é unha idea que apunto, por si algún dia lle resulta de interese a alguén.
Precisamente esta clase de ideas, baseadas no interese común, e que lle suporían pouco negocio ás grandes empresas, poden ter algo que ver cos malos tempos que corren para os ideais baseados no ben común, como se reflexiona neste outro texto enlazado por O Tangaranho Vermelho. Parece que o Vello Continente traga a versión Hollywood da historia e esquece, por exemplo, que si no verán de 1944 o Reich contase coas forzas que o Exército Vermello destruira con grandes sufrimentos en Stalingrado e Kursk, a ocupación de Europa Occidental posterior ó desembarco de Normadía tería sido anecdótica. (Un; e dous:) O Consello de Europa parece esquecer tamén a qué corrente ideolóxica pertencían os partisans e guerrilleiros, que seguiron loitando contra a ocupación nazi nos países cuios estados, outrora favorables a un Hitler que parecía chamado a liberar o noso contiente do marxismo, quedaron en evidencia cando empezaror a chirriar as orugas das Panzerdivision.
No Turno de Noite, apareceu outro vínculo; o mesmo problema, outra cara: os intereses económicos contra a dignidade ou a calidade de vida das persoas.
Falando de persoas, e xa para terminar, van caindo as respostas ó tema dos vicios dos blogueiros. Aprecio unha certa tendencia ó rexeite de esas cadeas, que apunto e comento: Oposto sempre ás cadeas de correos, a miña postura viuse inesperadamente confirmada polo argumentado nunha web sumamente interesante, no sentido de que lle facilitaban o acceso a moreas de direccións ás empresas de Spam. Neste caso, relaxei esa oposición por me permitir coñecer mellor ós meus veciños, non cualitativamente, que pouco me importan a min a manías dos demáis sempre que non sexan meterme os dedos nos ollos, senon cuantitativamente, achegándoseme novas direccións ata o de agora descoñecidas, do mesmo xeito que esta tamén circulou por ahí gracias á cadea. Tamén foi gracias ó tema do blogovicio que descubrín, na resposta de SiHomeSi, que hai outro F. Miguez, máis elevado ca min. Tendo en común o apelido e a calvicie, sepárannos o nome, e probablemente as virtudes. Dios me libre de chejar eu a beato.