Ahí me voy otra vez…
…que decía Shakira. Xa leva chovido bastante dende última vez, das dúas que estivera antes en Madrid. Falando estrictamente, aínda non volvín alá, pero andiven tres días por San Sebastián de los Reyes, Fuencarral, “vegas”, “páramos”, M-30, M-40 e demáis, que ven sendo o mesmo.
Orgulloso de ser da aldea, e convencido de que na miña propia definición de pailán eu levo as de gañar, rematei xaneiro facendo xestións varias no entorno da capital do reino e, cos ollos ben abertos, estudiando arredor de min esa curiosa forma de vida das grandes cidades.
Hai que ter en conta que, con unha axenda tan apretada como a que levaba, case non tiven tempo para ter contacto cos nativos, ou mellor dito cos residentes, porque a mezcla de persoas con orixes obviamente diferentes é dunha riqueza que me impactou. Apuntarei como significativas as desculpas que nos presentaron nun restaurante no que, por se teren quedado sin patatas conxeladas, nos tiveran que fritir patatas “naturales”, pero polo demais, foron tan poucas as palabras intercambiadas cos madrileños que me quedo, hasta outra, coa sensación dun ambiente romántico debido, supoño, a que alí onde viven cinco millóns de persoas, parece un lugar agradable para quen, coma o que escribe, lle guste o contacto coa xente.
A falta de unha verdadeira experiencia humana, apuntarei unhas impresións que me deu a paisaxe, en sentido estricto. Vina case exclusivamente dende esas autovías de circunvalación e radiais, das que todos oímos falar algunha vez, coma a M-30 da foto; de feito, as propias autovías en sí xa son a paisaxe. Moreas de turismos e non poucos camións, circulando en tormenta caótica, fixeronme pensar que tardará moito tempo en me volver a remorde-la conciencia, se collo o coche para baixar á vila un día sen escusas para collelo.
Nas beiras, a terra movida acumúlase en cumios impúdicos que denuncian a inxente manipulación da paisaxe orixinal, que resiste no lado “de fora” das circunvalacións. Exactamente igual que en Galicia (mira tí que cousa), vense a un lado bloques de edificios ou polígonos industriais a medio construir e, en fronte, terras labradas dunha cor gris que se tingue de verde co trigo nacente. Exactamente igual que se ve tantas veces en Galicia, andan os tractores a traballar nun lado da estrada e, no outro, as grúas a levantar formigón con toda; como na miña terra, as vilas tradicionais do que algún día foi rural, asedianse con unha edificación masiva pero, todo hai que dicilo, máis racional que a Galega.
Curiosa serie de coincidencias, estas que apunto, e que levan a pensar si quen xestiona a nosa terra non estará a tratar de imitar aquela forma de facer rexión sin ter en conta que, en Galicia, a terra non é gris, nin os montes son páramos, nin os ríos arroyos. Apunto que me preguntei todo o tempo cal das dúas formas de vida, a rural ou a urbana, será a mellor para o ser humano, e sin acadar conclusión ningunha, penso que algunha razón haberá para que os desta cidade traten de fuxir de ela á minima oportunidade.
P.D.: En Madrid, toda a sinalización vial vencellada á A-6 dice A Coruña. A ver si algún pailán se entera.
Eu no último ano e medio coñecín tres cidades das conseideradas “grandes”. Madrid, Londres e Barcelona (Nesta última paseime cada 15 días durante case 9 meses). E cada vez que vou a algunha delas, vénme unha sentimento contradictorio. Por unha banda, quedo encantado. A verdade é que me gustan moito as tres. Pero por outra, non deixo de pensar se ese sentimento é por estar de visita -sempre foron por placer, non por traballo- e non vivir alí ou porque verdaderamente me gustaría vivir nalgunha delas. É dicir, quedaría tan abraiado por elas de vivires alí? Penso que habería que coñecer as dúas cousas para poder chegar a unha conclusión.
Contestación á PD: non sei cal será a túa definición de pailán. Pero a miña, dende logo, non se define pola nosa orixe. Non é pailán o da aldea por ser da aldea nin se deixa de selo por ser da cidade. De feito, o teu é moi significativo.
Comment by Oskiña — February 2, 2006 @ 1:56 pm
A última frase quedoume mal polo código. Quería dicir:
“De feito, o teu exemplo de pailán é moi significativo” coa ligazón á páxina do Concello da Coruña.
Comment by Oskiña — February 2, 2006 @ 2:01 pm