Blogovicio.
Con axuda de el niño de la guia, apunta deu un pequno pasiño hacia adiante. Áhí están algúns enlaces de blogs de primeira man aínda que, como se suele decir, son todos os que están pero non están todos os que son. Irán evolucionando co tempo, supoño. Folga dicir que, aquel que tivera algunha observación ou obxección respecto dos enlaces aquí presentes, será escoitado cumplidamente.
Onte, un veciño mandou un comment do tipo “tu la llevas” para que contara cinco vicios ou manías miñas, e que lle escurrira o bulto a outros cinco blogs. Como son novato, apando e fago o que fan os demáis.
Vou cos vicios, que é máis sinxelo:
1º Cando me cae algo para ler nas máns, leoo enteiro, sexa un prospecto dunha medicina, propaganda ou un libro. Si ben teño que contar con tempo para ler un libro enteiro, leo todo, prólogos, introduccións… menos as referencias bibliográficas.
2º Non me gustan os espellos, principalmente aqueles nos que me reflexo eu mesmo, por iso me afeito na ducha.
3º Vou repetindo mentalmente palabras, ou frases enteiras, que ma pasan por diante, no idioma máis raro que o sepa dicir. Ainda que iso non significa que saiba falar ese idioma.
4º Non me gusta nada falar por teléfono. Teño chamadas pendientes con antigüidades de tres meses.
5º Son un lambón. Non podo resisti-la tentación de comer algo doce nin por asomo. Na foto, aparece a gama duns chocolates que disque se fan en Carballo, e que eu só atopo nun súper de Cerceda. Son para facer á taza, pero a mín préstame máis rillalos.
Agora o difícil, pasa-lo bulto. Os meus nominados van ser:
Opaco
Turno de Noite
Si Home Si
Todo Nada
Galego de Seu
En unhas horas, recibirán un comentario ou e-mail meu pasandolle-la patata quente. Espero que sexan comprensivos.
Vaia tela, eu que xa recibira a dichosa cadea e liscara dela correndo… E agora, cual boomerang, fai un xiro brutal e a teño de novo diante da cara. Manda chover na Habana (que o que está chovendo aquí xa chega…)! Pois nada, irei pensando nalgunha das miñas manías…
Por certo, cando queiras acércoche á chocolatería Mariño. Xa sabes que agora móvome por certos círculos carballeses e o outro día, nunha desas visitas á terriña, o mellor arrecendo do mundo asaltou a miña pituitaria. Sí! Alí estaba a chocolatería. Ummmmmm qué rico!!!
Comment by iriaenf — January 28, 2006 @ 12:48 pm
Pois temos puntos en comun. Eu leo todo o que me boten. Os espellos usoos o minimo posible e sempre, sempre acabo sorprendido do que reflexa que non me imaxino asi. No dos idiomas tenho as minhas tolemias: aprendin os numeros en vasco ata cen contando parafusos na Citroen. O telefono tocoo o minimo posible e, de feito, hai veces que non o collo cando soa e mobil non tenho. O do lambon chegame ben e lambo cazolas de facer postres e de pequeno comia os papeis das madalenas.
Comment by acedre — January 28, 2006 @ 7:58 pm
He he, coma dúas gotas de auga. Eu sí que teño movil, pero só o uso para sms dende a casa, que é onde permanece sempre. A dúas últimas veces que o levei conmigo por causas de forza maior, esta non se exerceu pero casualmente tiven que usalo para chamar á grúa… con dous coches distintos e no plazo de tres semanas. Non o quero máis no bolsillo.
Comment by F. Miguez — January 28, 2006 @ 8:57 pm
E isto como pita? Conto os meus vicios voluntariamente no meu blog, sen máis, como se fose máis exhibionista do habitual? A que pervertido se lle ocurriu esto?
Comment by sHs — January 31, 2006 @ 10:50 am
Algo de pervertido pódolle ter, pero xúrolle que non inventei o conto este da cadea.
Eu básicamente, fixen o que lle mirei facer ós outros, que é soltar un pouco a lingua “sin pasarse do precio justo”, que dicía meu avó. Máis por coller intimidade e confianza cos veciños (que para iso son novo) que por exhibicionismo.
Comment by F. Miguez — February 2, 2006 @ 1:15 am