Carta ós informativos da TVG.

Apunto aquí o correo electrónico que lle acabo de enviar ós servicios informativos da TVG na única dirección que atopei ó respecto, coa fin de que conste.


Redondela, 19 de xaneiro de 2006.

Á dirección de informativos da TVG:

Quérolles presentar nesta carta, o meu profundo desagrado pola maneira na que foi tratada a noticia sobre o xuizo do caso Erika, nos espacios informativos da Televisión de Galicia correspondentes ó mediodiá de hoxe, 19 de xaneiro, xoves.

Coido que, por máis relevante que sexa no proceso xudicial, expoñer na televisión o informe pericial presentado polo forense en termos de lesións internas nos xenitais, explícitamente descritas, non enriquece en ningunha forma o contido da información recibida polo público, pero sí atenta moralmente contra a intimidade da víctima e contra a sensibilidade que os espectadores poidamos mostrar hacia este caso.

Prégolles que se coiden de estas indiscrecións, máis propias do sensacionalismo facilón ou dunha morbosidade ignorante, que dun xornalismo profesional e serio como o que creo que lle corresponde ó telexornal da única canle pública de Galicia.

Atentamente, F. Miguez.