Fidalgo para almorzar.
“Las preocupaciones de los trabajadores y trabajadoras, que somos la mayoría, tienen bastante poco que ver con el modelo de estado y mucho que ver con el modelo de sociedad.”
Isto foi o que oín nada máis encender a televisión hoxe pola mañán. Quen o decía, era Jose Mª Fidalgo, o secretario xeral de Comisións Obreiras (léase ce-ce-o-o). Con esa afirmación, case resume o contido de algunhas cousas que pensei e que habería de apuntar aquí.
Por suposto, fixo algunha observación interesante máis. Por exemplo puxo en dúbida a necesidade de compensar ás empresas por equiparar laboralmente a homes e mulleres, ou por reducir o número de contratos que fai ó longo dun ano para cubrir un mesmo posto de traballo (e moitas veces coa misma persoa). Deduciu que, si sobran tantos cartos como para ter prevista unha baixada dos impostos que pagan a rentas máis altas, non ten sentido estar a cuestionar as posibilidades de financiamento da futura Lei de Dependencia, e queixouse de que o goberno central asumise unha actitude de “entendeivos entre vos” no diálogo social. Tamén dixo que se deberían incluir nos convenios revisións salariais que gratifiquen os aumentos de productividade, que a inflacción non se debe á suba dos salarios, senon a que o estado non controla nin os precios que se supoñen como controlados (electricidade e gas por exemplo), que unha economía basada no turismo e a construcción está avocada ó colapso, que somos dos últimos en I+D, que non fan falta leis novas en materia de seguridade laboral, senón cumplir as que hai, que falta compatibilidade entre vida profesional e vida personal… En definitiva, dixo unha chea de cousas, tantas que mellor as apunto, para non as esquecer.