“Brewing” na de Manolo.

Manolo leva tempo adicándose a facer cervexa na súa casa, para él e para compartir, e sempre que falamos do tema, abrúmame pensar o inxenuos que fomos cando pensamos, despois de ler un par de páxinas web, que aquilo estaría chupado. O certo é, que mirándoo a él, a cousa parece fácil, pero cando empeza a falar de combinacións de grans, lúpulos, unidades de amargor e demáis, ún logo se da conta de que fan falta moitas horas de traballo para conseguir unha cervexa rica na casa. E abofé que lle sae rica.

Nesta ocasión, o noso anfitrión, desviouse un pouco dos seus ensaios habituáis para facer un experimento que nos lle suxeriramos: no canto de usar lúpulos importados, procedentes de plantacións industriais, esta vez tocoulle a un lúpulo galego. Deixarei para outra ocasión, quizais, todo o conto da agricultura do lúpulo en Galicia e o seu abandono, e limitareime a dicir, que a falta de producto agrícola autóctono, o noso plan foi usar flores recollidas de plantas silvestres que no verán descubríramos á orilla dun río, case como si se tratase de unha aparición mariana. Ese frasco da foto, son os algo mais de cen gramos de flor enteira que o noso mestre cerveceiro empregou para a birra.
Os procesos de maceración, filtrado e cocción, de xeito artesanal, prolónganse durante case un día enteiro, pero nos retirámonos pola metade (contra as dúas) deixando facer ó que sabe.
Agora, a esperar que a natureza faga o milagre da fermentación, trasegar, embotellar… e dentro de un par de meses, probaremos que tal resultado nos da.
Sí podo dicir, xa agora, que ata aquí mereceu a pena, independiente da calidade do brevaxe. Aínda que medio chocho pola falta de descanso (e polas degustacións que Manolo, excelente anfitrión, nos foi ofrecendo) a experiencia de asistir á labor de un atersan, autodidacta, e apaixoado, traballando no obradoiro sempre é para non a esquecer.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/01/15/5/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.