Outra de sábado.

Mal raio me parta si eu non son parvo, ou polo menos masoquista, pero este é o terceiro sábado consecutivo que me boto fora da cama, sen lle ter dado tempo ós pes a queceren dentro. E o peor e que ten trazas de ir a non ser o último. Almorcei, metinme no coche, puxen algo de música para aclara-las ideas e acompaña-lo frío siberiano este que despide xaneiro, e alá fun.
Fun intentando sacar da cabeza o “quen me mandaría a min” relativo ó trasnoite anterior con argumentos do tipo:
-Agora sei das xogadas deshonestas que a miña ex-empresa lle está a facer ós meus compañeiros.
-Tiven unha conversa nos termos “Nunha vila como esta, nadie pode dicir que non hai cousas para se entreter, e quen o pense, en vez de queixarse, que as faga él mesmo” e outra en termos “Debe de existir unha razón sociocultural para que os americanos non acaben de aceptar os motores europeos, a pesar de que rindan o mesmo, ou máis, coa metade de cilidrada”.
-Xa cumplín co compromiso moral de lle enviar un e-mail tan cortés como puden a cada un dos “invitados” no xogo da cadea
E con tanto barrenar, enganeime nun cruce e perdinme, que é o mellor que lle pode pasar a un cando non leva presa, porque che obliga a pasar por sitios que non pasaras antes (senón, non estarías perdido) e incluso a falar coa xente para lle preguntar cómo volver ó rejo.
-…”Sijes por esta carretera hasta aquel serradero que miras no monte de enfrente e despois vas hacia abaixo“. - ou algo así me dixo a muller aquela tan amable. O certo e que non din chegado nunca ó tal aserradero, pero a carretera levoume a outra estrada, esta a outra que xa tiña un sinal…

Monteferro

…e cheguei a Monteferro.
Usarei o adxetivo espectacular porque creo que inclúe ó sobrecolledor que tamén barallaba, pero vamos por partes.
Dende que se siguen os sinais, vaise notando unha evolución nas casas e no ancho das rúas que vai, dende un barrio rural típico e bastante poboado, hasta una zona residencial de recente construcción, con amplas beirarrúas e vistosas mamposterías. Nesta segunda zona, aínda en urbanización, son xa continuas as pintadas de Salvemos Monteferro. As rúas de nova construcción rematan abruptamente nuna pista asfaltada que circula por un bosque fortemente deforestado (imaxe da dereita), ata o cumio. O mar, inmenso, as Cíes, Vigo, Baiona… E un sitio verdadeiramente impresionante, un monumento adicado á mariña (que non á Armada) domina esa parte máis alta, dende onde as vistas son as própias da costa galega. Iso é a foto da esquerda, o día “siberiano” facía todavía máis espectacular a vista, pero limita as posibilidades que ten un fotógrafo mediocre, armado con unha cámara de xoguete, de obter imaxes vistosas para o público. No pe do monte, outros que tamén madrugaran en sábado, seguían a darlle aire de motoserra á madeira como si viñera o lobo.
Voltei polo mismo camiño que viñera, hasta que me desviei para ve-lo monte dende a praia de Patos e nun bar, aproveitando para molla-la palleta, preguntei pola polémica de Monteferro.
-“Yo no soy de aquí y no se muy bien,”-explicou a señora-“pero están cortando todos los árboles, y parece que es porque quieren hacer una urbanización y la gente de aquí no está muy de acuerdo, quieren que siga salvaje como siempre.”
Mesmamente con esas palabras, aquela muller resumiu o problema sin tomar partido por ningunha das alternativas. Volvín para a casa a tiro fixo, por Vigo, sen necesidade de cavilar no asunto porque xa o teño moi cavilado, e o que toca agora e ir apuntando esas cavilacións, para non as esquecer.
Con debates políticos de dudosa utilidade nos medios, quedou nun segundo plano o tirón de orellas europeo á xestión do chan que se está a facer no litoral do Levante español. Pero, o peor de todo, é que dubido moito que os galegos seamos conscientes do que nos está a vir enriba nese proceso de marbellización da costa. Outro día, apuntarei as razóns polas que me entristece, ou incluso cabrea, que esteamos neste humbral, bueno será cousa de moitos días.
Entrei na casa cantando o Bella Ciao.

Blogovicio.

Con axuda de el niño de la guia, apunta deu un pequno pasiño hacia adiante. Áhí están algúns enlaces de blogs de primeira man aínda que, como se suele decir, son todos os que están pero non están todos os que son. Irán evolucionando co tempo, supoño. Folga dicir que, aquel que tivera algunha observación ou obxección respecto dos enlaces aquí presentes, será escoitado cumplidamente.

Chocolates Mariño

Onte, un veciño mandou un comment do tipo “tu la llevas” para que contara cinco vicios ou manías miñas, e que lle escurrira o bulto a outros cinco blogs. Como son novato, apando e fago o que fan os demáis.
Vou cos vicios, que é máis sinxelo:
1º Cando me cae algo para ler nas máns, leoo enteiro, sexa un prospecto dunha medicina, propaganda ou un libro. Si ben teño que contar con tempo para ler un libro enteiro, leo todo, prólogos, introduccións… menos as referencias bibliográficas.
2º Non me gustan os espellos, principalmente aqueles nos que me reflexo eu mesmo, por iso me afeito na ducha.
3º Vou repetindo mentalmente palabras, ou frases enteiras, que ma pasan por diante, no idioma máis raro que o sepa dicir. Ainda que iso non significa que saiba falar ese idioma.
4º Non me gusta nada falar por teléfono. Teño chamadas pendientes con antigüidades de tres meses.
5º Son un lambón. Non podo resisti-la tentación de comer algo doce nin por asomo. Na foto, aparece a gama duns chocolates que disque se fan en Carballo, e que eu só atopo nun súper de Cerceda. Son para facer á taza, pero a mín préstame máis rillalos.
Agora o difícil, pasa-lo bulto. Os meus nominados van ser:

Opaco
Turno de Noite
Si Home Si
Todo Nada
Galego de Seu

En unhas horas, recibirán un comentario ou e-mail meu pasandolle-la patata quente. Espero que sexan comprensivos.

Novidades sobre a cervexa.

Apunto, con data de hoxe, unha conversa telefónica con Manolo na que me dí que probou o experimento no priemiro trasego e… ¡Está asombrado! Según el, a nosa cervexa con lúpulo salvaxe, de rio galego, ten unha serie de matices totalmente orixinais e agradables. A cousa ten trazas moi boas.

Axuda de Blogsome.

Para hoxe ter pensado non apuntar nada, non está mal ir polo terceiro post.

Ocorre que son bastante necio, nisto do html , css e todo iso. En galego contemporáneo dícese Newbie ou algo así ¿non é?.
O caso e que teño unha conta de correo para o blog e unha chea de blogs de cabeceira ós que quixera poñer un enlace permanente na dereita deste blog.
Xa postos, tamén quixera que aparecesen os títulos dos posts do més que xa cairon da pantalla, como nos blogs dos demáis.
¡Pero non teño nin idea! ¿Terei que meterme no foro de axuda de blogsome, a ler unha por unha tódalas entradas, ata topar a que teña que ver coas miñas inseguridades?
Uh.
Mañán, participo no xogo ese dos cinco vicios, pero aínda teño que pensar a quén llo mando de rebote.

Democracia tamén en Galicia.

Nos comentarios do post Salvemos Monteferro, Opaco envía este link da Voz de Galicia que traio á superficie do blog.
Apuntado o feito, que da bastante que pensar, e tendo en conta que esta noite soñei con grandes obras viais e urbanizacións nos montes, que me levaban a unha leira de patatas arrasada por un bulldozer (palabra que soñei isto), só me queda apelar a un espíritu, que confío que estea a nacer entre nos.

Gracias Opaco.

Un demócrata de toda a vida.

Cando deron a noticia de esta carta no informativo de telecinco, non o podía crer. Non porque me pareza inverosímil que unha persona, Antonio Tejero, que atentou deliberadamente contra a democracia e as súas insitutcións, coincida coas propostas dos demócratas de toda a vida do PP.
O que non podía crer é que algunhas cousas sexan tan evidentes, e que aínda non se digan abertamente.

Sementeira de centeo /06.

O plan para este ano, na faceta de aprendiz de agricultor ecolóxico, era redondo e iba rodando ata que aconteceu un vuelco inesperado a finais de novembro, que me obrigara a parar de prepara-la leiriña que tiña destinada ós cereais de inverno. Na urxencia de sementa-lo trigo, máis delicado, decidín repartilo en tres cachiños de outros terreos e pospuxen a sementeira do centeo.
Disque non hai mal que por ben non veña, e o avatar resultou en que, na feira do vinteún de decembro, aquí en Redondela, levei unha grata sorpresa.

Dous tipos de centeo

Que eu saiba, xa nadie sementa trigo nin neste concello nin nos limítrofes (como O Porriño, que sí presume de pan autóctono, e con razón), así que tiven que pescudar na provincia da Coruña para atopar quen tivese semente do que poidamos chamar “trigo do país”. Na Gran Enciclopedia Galega, aparece unha relación bastante extensa das variedades cultivadas tradicionalmente en Galicia, e ignoro cales se conservan aínda e a cal pertence o que eu conseguín, pero polo menos este é o segundo ano que podo dicir que sementei trigo autóctono.
Co centeo, en cambio, a cousa iba por outro camiño. Nin na Gran Enciclopedia, nin en outras fontes que consultei, se fai referencia a que exista variedade de tipos, así que este sería o terceiro ano que me conformase co que me venden na tenda, saiba vostede de onde. Vou enche-lo peito e dicir que, para variar, foi o centeo o que me pescudou a mín e, na última feira local do ano pasado, presentóuseme no posto de unha señora que ven sempre a vender sementes. Nun saco puña “Centeo”, pero noutro líase “Centeo alto do país”. A diferencia entre o gran é máis patente do que aparece na foto, que non se distingue grande cousa; o do país (arriba) é un pouco máis dourado que o que tiña botado estes anos pasados (abaixo). Agardarei a ver si a planta tamén é diferente. A señora fíxome unha lixeira rebaixa cando lle pedín catro kilos e, amable, explicoume que llo mercara a un señor de Ourense, que o botaba para facer pan e vendía parte do excendente para semente.
Hoxe, adaptando os plans ás novas circunstancias, sementei o meu centeo alto do pais onde estaba previsto, coa axuda e compaña do meu pai, coa incertidumbre de non saber qué tal resultará unha sementeira tan metida no inverno, que non é nin de outono nin serodia. Saberémolo en meses vindeiros.

O Grande Complot.

Hoxe, este blog recibiu o seus primeiros comentarios, todos de veciños con blogs propios, dos que o autor deste é asíduo.
Agradézolles as súas visitas, que para un novicio coma mín teñen unha grande importancia, e agardo velos por aquí a cotío. En canto me apañe coas opcións de blogsome, serán lincados permanentemente nesta páxina.

Saco á superficie, para quen non acuda a ler os comments dos posts, da xa existencia de un “complot” parecido ó argallado onte na piscina municipal de Redondela (cuberta, por suposto;).
Trátase do World Jump Day, un proxecto co que se pretende altera-la órbita da Terra mediante o salto sincronizado de seiscentos millóns de seres humanos, seguindo cálculos baseados no impacto de cometas na superficie terrestre e a acción sísmica provocada polo movimento da audiencia durante a final do campionato do mundo de fútbol. Se iso parece abraiante, máis da que pensar o feito de que anuncien contar xa con máis de catrocentos doce millóns de voluntarios. Con ese panorama, non sei se conseguirán desplazar a Terra un só milímetro, pero está claro que hai ideas que poden mover moita, moita xente.
Apuntoo aquí, e mais noutros sitios, para non lle perder a pista a semellante idea que aspira a ser materializada o vinte de xulio.

Salvemos Monteferro.

Xa debían de estar abertas as lonxas cando, buceando nos confíns do Blogmillo atopei esta páxina:

Salvemos Monteferro

Eu nunca estiven alí, razón de máis para que me faga eco de esta campaña coa esperanza de que, algún día, poida ir a disfrutar desa paraxe tal e como é, sin urbanizar e sin estradas.

Esta non é a única iniciativa que existe, e que eu coñeza, para a conservación do entorno en Galicia. Outras serán apuntadas aquí, a medida que xurda a ocasión; pero o que xa empezo a apuntar dende hoxe é a miña propia: buscar unha iniciativa común para a conservación en conxunto de todo o noso entorno, tanto natural como humano.

O Complot.

“-Cando sexa maior, hei argallar un complot para que tódolos chinos salten ó mesmo tempo. ¿ Sabías que si tódolos chinos saltasen ó mesmo tempo, destruirían a Terra?
-¡Que guapo, tio!
-Cando sexa maior, farei un complot para que un día, a unha hora, salten tódolos chinos ó mesmo tempo.”

Apuntada queda, esta conversa que lle escoitei a dous adolescentes, esta tardiña, na piscina.