Varias cousas a ter presentes cando hai que tratar de deter un coche nunha situación de perigo.
Onte estiven a piques de asistir (como espectador) a un percance de tráfico que, sumado a dous recentes incidentes «beniais» en primeira persoa, lembroume a conveniencia de apuntar algunhas indicacións básicas sobre cómo se debe proceder nunha freada de emerxencia, entendida como a que realizamos para deter o vehículo nunha circunstancia imprevista que implica un perigo. Falo de indicacións básicas porque, sen dúbida, a freada é unha das técnicas máis delicadas e, en proporción a esa complexidade, das menos ensindas nas autoescolas. Como máis vale pouco que nada, ahí van seis consellos; quede claro dende agora de que falamos de unha freada na que tratamos de deter o vehículo para evitar un accidente.
0.- Coñeza cómo frea o seu coche. En realidade, todos deberíamos coñecer de antemán todas as respostas do coche que conducimos antes de saír á estrada con él. En calquera caso, no tocante á freada, acontecen cousas como que a xente se asusta a primeira vez que lle salta o ABS (que devolve patadas no pedal de freo) ou, cando non o ten, co barullo que fan as rodas ó bloquearse; estes sustos poden producir reaccións non axeitadas ó volante. Por iso, é recomendable buscar un lugar seguro, afastado do tráfico, e probar a frear con distintas intensidades e a distintas velocidades, para acostumbrarnos a medir qué distancia necesitamos para deternos, e para familiarizarnos coas sensacións propias dunha maniobra tan brusca. Se podemos probar tamén co chan mollado, mellor. Tamén é importante que coñeza a reacción do seu coche freando nunha curva, pois a falta de un certo tacto no pé pode provocar unha perda da traxectoria ou incluso unha derrapaxe.
1.- Pise sempre o embrague. (En coches que o teñen, claro). Por dúas razóns. A primeira, é evitar que os freos teñan que absorber tamén a inercia de xiro do motor. A segunda, e máis importante, é que corremos o risco de calar o motor, o que pode supoñer a perda da asistencia na dirección, o que faría case imposible completar unha maniobra evasiva; en algún caso, tamén podería supoñer a perda da asistencia no freo, multiplicándose a distancia de freado. Non me resisto a avisar de que, algunha vez, teño oído a «expertos» dicindo que non se pisara o embrague para axudarse co freo motor, aínda que o motor se cale. Insisto: motor calado=dirección sin asistencia=maniobra imposible.
2.- Frene forte dende o principio. A idea é reducir a máxima cantidade velocidade no menor espacio de tempo posible. Ocorre a veces que, despois de un primeiro golpe de freada, atopamos unha escapatoria ou advertimos que a situación non encerra un perigo tan inmediato, o que nos permite relaxar o freo e actuar en consecuencia; en cambio, se empezásemos con unha freada tímida e atopásemos que as cousas van a peor, teríamos desperdiciado un lote de metros nos que ter reducido a velocidade.
3.- Non se relaxe. Sábese que moitas persoas, despois de darlle o primeiro pisotón instintivo ó pedal, tenden a minguar a forza que exercen sobre él. Nos coches novos, estase a montar un sistema electrónico que, se detecta ese tipo de freada, non reduce a forza de freado aínda que a presión no pedal diminúa. Como eu non sei se o seu coche ten ese sistema ou non, dígolle que, se a situación non ten remedio, debe pisar freo e embrague con toda a forza que poida. Da igual que vaiamos chocar, ou que perdéramos o control do vehículo nunha derrapaxe, a cuestión é reducir a maior cantidade posible de velocidade para minimizar a distancia que recorre o vehículo sen control ou os danos nun eventual impacto. Recoméndolles que teñan a paciencia de ver unha carreira de Fórmula 1, e se fixen cómo os pilotos, cando perden o control, deixan ir o coche sempre coas rodas bloqueadas.
4.- Non sempre convén frear. Aínda que pareza mentira, hai casos nos que non é aconsellable frear. Como mínimo dous:
4.1.- Cando atopamos un animal nunha curva. Como dixen no apartado 0, unha freada demasiado intempestiva nunha curva pode provocar unha perda de traxectoria, así que os danos poden ser maiores que se colisionamos con un can, un gato ou algo similar. Evidentemente, o animal pode resultar ferido ou morto, e o seu vehículo danado, pero moito peor é marchar contra un coche que veña de frente. Efectivamente, aínda que sone mal, se o sorprende un animal pequeno ou mediano na calzada, o máis seguro para vostede é atropelalo.
4.2.- Ó atropelar a unha persoa. Neste caso hai que distinguir dúas posibilidades. De entrada, se golpeamos a unha persoa con un coche, canto máis despacio vaia este, menores serán os danos aquela sufra, e con esa idea, é de aplicación a máxima de frear todo canto se pode. O problema ven cando esa persoa está no chan, sexa motu propio ou porque chegou alí ó ser golpeada polo noso coche (tamén podía saír despedida sobre o capó). Freando, ou o faldón dianteiro, ou as propias rodas, van arrastrar o corpo polo asfalto, desgarrándolle roupa, pel e carne hasta chagar ó oso, en poucos metros. Pola contra, deixando que as rodas xiren, rodarán por enriba, provocando algunha fractura, ou incluso simples mazaduras (segundo parece, téñense dado casos de persoas ilesas). Non daría semellante consello se fose algo que se me tivese ocorrido a min, pero o resume é: se imos golpear a unha persoa de pé, ou está no chan a unha distancia na que podemos deternos, frearemos; se a persoa está no chan e resulta inevitable atropelala, non debemos frear.
5.- Revise os neumáticos. Despois de unha freada moi brusca, na que as rodas arrastraron bloqueadas muitos metros ou que chegamos a sair da calzada cara unha zona de firme irregular, débese comprobar e as rodas non sufriron ningún desperfecto por cousa da fricción ou dun golpe. Fágao vostede ou encoméndello a un profesional.